domingo, 16 de enero de 2011

Nubes violáceas

Nunca souben como chegara ata alí.
Os meus pasos guiáronme,  presa dun instinto que nunca sentira ao lugar do noso primeiro encontro.
Fronte a min abríase o mar embravecido.
No porto os barcos balanceábanse dun lado a outro movidos polas fortes ondas, as cales rompían contra as rochas cunha forza indescribible.
Unha brisa salgada acariciaba a costa e, mentres, a tormenta varría o chan de historias pasadas.
Pero tan só eu podía velo.
O paseo estaba deserto, estaba solo.
Notaba a auga correr polas miñas meixelas e como borraba as miñas bágoas, as miñas amargas bágoas.
Alcei a cabeza ,pechei os ollos e respirei profundamente.
Cun grito desgarrador rompín o silencio. Ese silencio de morte, de desesperación. Ese silencio que eu tanto temía.
Pouco a pouco sentía a pérdida avanzar polo meu corpo.
Sentía coma a tristeza aprisionaba o meu peito e a ira despendíase por cada un dos poros da miña pel. Necesitábao e agora xa non estaba.
Cando abrín os ollos e mirei o ceo só puiden ver as miñas limitacións poñendo barreiras ao meu futuro,a miña cárcere particular, as portas do inferno.
O mundo parárase, xa nada sería igual.
Saquei a súa carta a pesar da choiva.
A auga facía que a tinta correse folla abaixo, que o seu escrito quedara cifrado.
Por sorte a sabía de memoria, como esquecer as súas últimas palabras?

20/10/1954
Querido Miguel:
Ven sei que cando atopes e leas esta carta xa non estarei, pero aínda teño esa pequena esperanza de que podas leela. Porque, do contrario sabería que… dáme medo pronunciar esas palabras. Ti ben sabes ao que me refiro.
A miña vida formara parte do teu pasado, por iso prégoche que non te esquezas de min. Non quero desaparecer.
Xa sé que é ousado pedirche isto pero ti sabes mellor que ninguén que sempre pequei de egoísta.
Quero que me recordes tal e coma fun. Non me idealices, converterías o meu recordo nunha simple mentira, e iso é precisamente o que non quero.
Agora os meus sentimentos son máis intensos que nunca pero una incrible sensación de tranquilidade calma as miñas dúbidas.
Cada bocalada de aire é unha milagre.
Pero como todo, remata desaparencendo. O meu tempo consómese.
Teño que confesar que non teño medo ningún, o teu recordo dáme o valor necesario para ser forte e seguir co meu destino.
Xa non teño nada que perder.
Sempre crin que as persoas están destinadas pero nunca imaxinara que ti serías o home polo que loitaría ata a morte.
Así que rogo a algún Deus que escoite que te protexa.
Porque dende o noso último encontro a policía estate a seguir. Non sei como chegaría o rumor dos nosos encontros. Sexa como sexa tes que fuxir.
Teño unha casa nas Américas, en Cuba exactamente. Dende agora é, e será túa.
Encontrarás toda a información na casa do meu pai, detrás do cadro que ti pintaches para mí, aquel fermoso cadro, no cal o noso amor perdurará ata os fins do mundo.
Comeza unha nova vida.
Sempre teu,
Julián.
Doblei a carta con coidado e gardeina na miña empapada chaqueta.
Foi entón cando, por un segundo, puiden notar a súa presenza. O noso último adiós.
Un halo de tristeza ensombrecía o día xa despexado.
Unhas nubes violetas manchaban o ceo. Violeta: color do noso amor prohibido.
Sorrín amargamente.
Os meus recordos e soños quedaron atrás, sepultados entre as liñas da súa carta.
Todo o que fora desapareceu.
Hoxe 30 de outubro morreu a miña persoa

2 comentarios:

  1. Mola, pero cuando tengas tiempo, traducelo!!!!!
    (y lo vuelves a subir)

    ResponderEliminar
  2. Me encanta :)
    No sé gallego y me he tenido que estrujar el cerebro(lo próximo súbelo en castellano, porfa)^^
    Escribes muy muy bien, y yo te sigo encantada !
    Besotes !

    ResponderEliminar